miniatura|250px|Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, Druk Gyalpo. O Druk Gyalpo (en ; literalmente "Rei Dragón" ou o Rei de Bután) é o xefe de estado do Reino de Bután. En lingua dzongkha, Bután é coñecido como Drukyul, que quere dicir "A terra do dragón do trono". Deste xeito, os reis de Bután son coñecidos como Druk Gyalpo ("Rei Dragón"), e os butaneses chámanse a si mesmos drukpa, que quere dicir "pobo do dragón".

O actual gobernante de Bután é Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, o quinto Druk Gyalpo. Leva a Coroa do corvo, que é a coroa oficial que levan os reis de Bután. O seu tratamento é de "Mi'wang 'Ngada Rimboche" ("A súa Maxestade") e como "'Ngada Rimboche" ("A vosa Maxestade").

O rei Jigme Khesar é o segundo monarca máis novo do mundo. Ascendeu ó trono o 6 de novembro de 2008 despois de que o seu pai, Jigme Singye Wangchuck, abdicase no seu favor.

Lista de Druk Gyalpos Os Reis Dragón de Bután:

Ugyen Wangchuck (Primeiro Druk Gyalpo) Jigme Wangchuck (Segundo Druk Gyalpo) Jigme Dorji Wangchuck (Terceiro Druk Gyalpo) Jigme Singye Wangchuck (Cuarto Druk Gyalpo) Jigme Khesar Namgyel Wangchuck (Quinto Druk Gyalpo)

Véxase tamén

Lista de primeiros ministros de Bután

Notas

Categoría:Títulos reais Categoría:Reis de Bután Categoría:Listas de monarcas