Šefik Džaferović, nado en Zavidovići o 9 de setembro de 1957, é un político bosníaco hercegovino, pertencente ao Partido de Acción Democrática (SDA), actual membro bosníaco da Presidencia de Bosnia e Hercegovina.
Carreira En 1996, foi elixido membro do concello do cantón de Zenica-Doboj. No mesmo ano converteuse en delegado na Casa dos Pobos da Federación de Bosnia e Hercegovina. Catro anos máis tarde ingresa á cámara alta do Parlamento de Bosnia e Hercegovina. Nas eleccións de 2002 convértese en membro da cámara baixa do parlamento, en 2014 é reelixido con 30.000 votos. Nas eleccións presidenciais de outubro de 2018 gañou para ser o membro bosníaco da Presidencia de Bosnia e Hercegovina con máis do 36% dos votos, asumindo o cargo o 20 de novembro de 2018, xunto con Željko Komšić (membro croata) e Milorad Dodik (membro serbio).
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Políticos de Bosnia e Hercegovina