Elías Jesús Arias Parga, nado en Rábade en 1913 e finado en México o 6 de abril de 1985, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Fernando Arias Rodríguez e de Celia Parga. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1936.La Voz de Galicia, 11-7-1936, p. 8. Foi secretario xeral de Izquierda Republicana de Santiago de Compostela. En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela.El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 9. Durante a Guerra Civil foi comisario político do exército leal, e pertenceu á sección de información do Estado Maior Central. Exiliouse en México. Saíu de Pauillac a bordo do Ipanema rumbo a Veracruz en xullo de 1939. Sancionado polo tribunal de responsabilidades políticas con seis anos de inhabilitación especial para cargos públicos e o pago de cincocentas pesetas en febreiro de 1941.BOE, 22-4-1941. En México asinou o manifesto "A la emigración republicana española y a los republicanos gallegos" xunto cos galegos de Izquierda Republicana Laureano Poza Juncal, Jesús Bernárdez Gómez e Ramón Padín, no folleto "Conducta seguida a causa de la representación gallega en el Gobierno".

Obras

Apuntes de Teoría General del Estado, Escuela de Jurisprudencia de Campeche, 1944.

Vida persoal

Casou en México con Adda Cárdenas Méndez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no PARES

Categoría:Avogados de Rábade Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Rábade Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes