Mai Zetterling, nada en Västerås en 1925 e finada en Londres o 15 de marzo de 1994, foi unha actriz e directora de cine sueca. debutou no teatro con 17 anos e no cine a partir da década dos corenta. Pronto captou a atención de diversos realizadores británicos, chegando a rodar ata 22 películas nese país. No ano 1948 participou no filme Musik i mörker de Ingmar Bergman.

Os seus inicios na dirección comezaron na década de 1960 con varios documentais da BBC. A súa primeira longametraxe, Alskande par (1964) foi nomeada para a Palma de ouro. A súa segunda cinta, Nattlek (1966) foino para o León de ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia.

Ao longo da súa carreira continuou a traballar como actriz, guionista e directora de cine. Tamén escribiu libros infantís, relatos curtos e novelas.

Escolma filmográfica

Alskande par ( 1964) Nattlek (1966) Doktor Glass (1967) Flickorna ( 1968) Visions of Eight (1973), documental sobre as olimpíadas de Munic. Love (1982) Amorosa (1986) The Witches (1990)

Notas

Categoría:Nados en Västerås Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Actores de Suecia Categoría:Directores de cinema de Suecia