Dendragapus obscurus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Dendragapus.

É un tetraonino de tamaño mediano, propio da cordilleira das Montañas Rochosas, en América do Norte, moi semellante ao seu conxénere Dendragapus fuliginosus.

Características Moi semellante e estreitamente relacionado filoxeneticamente con Dendragapus fuliginosus), antigamente ambas as especies foron consideradas como conespecíficas, pero na actualidade recoñécense como especies independentes.

A plumaxe dos machos adultos e predominantemente escura, e a súa cola é longa, de forma cuadrangular, e de cor gris n a porción distal. Os machos presentan unha bolsa de aire violácea na garganta, rodeada de plumas brancas, e unha carúncula vermella sobre o ollo, visíbeis durante a exhibición nupcial. As plumaxe das femias adultas é apencada, con plumas castañas con marcas brancas e castaño escuras nas partes ventrais.

Hábitat e distribución O hábitat de cría desta pita do monte son os bordos dos bosques de coníferas e mixtos nas rexións montañosas do oeste de Norte América, desde Alasca e Yukón até Novo México.

Bioloxía Estas aves on residentes permanentes, pero poden desprazarse a curtas distancias camiñando ou con voos curtos cara a áreas con bosques máis densos en inverno, co estraño hábito de moverse cara a altitudes maiores no inverno.

Aliméntanse no solo, ou nas árbores en inverno. Nesta estación comen principalmente acículas de abetos e de Pseudotsuga taxifolia (abeto de Douglas) e, ocasionalmente, tamén acículas de Tsuga sp. e de Pinus sp. En verán son máis importantes outras plantas (Pteridium, Salix), bagas (Gaultheria, Mahonia, Rubus, Vaccinium) e insectos (particularmente formigas, escaravellos e saltóns).

Na época de celo os machos cantan marcando os seus territorios e fan curtos voos batendo as ás para atraeren ás femias. Os niños son simpes escavacións no solo escondidos entre arbustos ou pólas de árbores caídas. As fembras deixan o territorio dos machos despois do apareamento. Os polos aliméntase de exclusivamente de insectos nos primeiros dez días de vida.

Taxonomía miniatura|240px|Macho exhibíndose na parada nupcial. miniatura|240px|Femia.

Descrición A especie foi descrita en 1823 polo naturalista estadounidense Thomas SayDendragapus obscurus (Say, 1823) no ITIS. nunha nota da páxina 14 do traballo Exped. Rocky Mt. [James]Phila. 2ª ed., baixo o nome de Tetrao obscurus.Dendragapus obscurus (Say, 1823) en AviBase.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Dendragapus.

O epíteto específico fai referencia á vor da súa plumaxe.

Subespecies Recoñécense as seguintes subespecies: Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) Dendragapus obscurus howardi Dickey & van Rossem, 1923 Dendragapus obscurus obscurus (Say, 1823) Dendragapus obscurus oreinus Behle & Selander, 1951 Dendragapus obscurus pallidus Swarth, 1931 Dendragapus obscurus richardsonii (Douglas, 1829) Dendragapus obscurus sierrae Chapman, 1904 Dendragapus obscurus sitkensis Swarth, 1921

Controversia taxonómica Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus, considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS. utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource (23-05-2005). Porén, o Grouse Specialist Group (Grupo de especialistas en pitas do monte) recoñece a ambas as especes, Dendragapus obscurus e Dendragapus fuliginosus, como especies independentes.

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.BirdLife International (2017): Siberian Grouse. Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN.Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Barrowclough, G.; J. Growth, L. Mertz & R. Gutierrez (2004): "Phylogeographic structure, gene flow and species status in blue grouse (Dendragapus obscurus)". Molecular Ecology 13 (7): 1911-1922. del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World. Vol 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Madge, S. & McGowan, P. (2002): Pheasants, partridges and grouse: including buttonquails, sandgrouse and allies. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3966-7. Schroeder, M. A. (2004): "Blue grouse Dendragapus obscurus are now considered to be two species: dusky grouse Dendragapus obscurus and sooty grouse Dendragapus fuliginosus". Newsletter of Grouse Specialist Group, 32: 4-6.

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos Dendragapus

Ligazóns externas Dendragapus obscurus. Blue grouse na ADW. Con abundante información e bibliografía. Dusky Grouse. Dendragapus obscurus (Say 1822) na EOL.

Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves dos Estados Unidos de América Categoría:Aves do Canadá