Jordi Turull i Negre, nado en Parets del Vallès (Barcelona) o 6 de setembro de 1966, é un político catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT). Foi deputado no Parlament de Catalunya entre 2004 e 2018, e en 2017 exerceu de conselleiro de Presidencia e voceiro do Govern. No xuízo ao proceso independentista catalán foi condenado polo Tribunal Supremo de España, en outubro de 2019, a 12 anos de cadea e de inhabilitación polos delitos de sedición e malversación. En 2021 foi indultado polo goberno de Pedro Sánchez e en 2022 foi nomeado Secretario Xeral do partido Junts.
Traxectoria Licenciado en dereito, militou desde novo en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e comezou a súa traxectoria política como concelleiro na súa localidade natal. Posteriormente, pertenceu aos grupos parlamentarios de Convergència i Unió (CiU), Junts pel Sí (JxSí) e Junts per Catalunya (JxCat), chegando a ser na IX lexislatura o presidente do grupo de Junts pel Sí. Foi cesado como conselleiro do executivo catalán en outubro de 2017 tras a aplicación do artigo 155 da Constitución española en Cataluña.
Desde marzo de 2018 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión, malversación e sedición en relación coa celebración do referendo de independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019 e en outubro dese mesmo ano foi condenado polo Tribunal Supremo de España a 12 anos de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Blog de Jordi Turull
Categoría:Nados en Parets del Vallès Categoría:Nados en 1966 Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Políticos de CDC Categoría:Políticos de CiU Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)