Walfredo (ou Waltfredo), finado en 896, foi o conde de Verona e posteriormente o margrave de Friúl nas últimas décadas do século IX (891-896). Traxectoria Walfredo foi unha das primeiras persoas en enfrontarse a Berenguer de Friúl no seu intento pola coroa de ferro da Lombardía logo da deposición de Carlos o Gordo en 887. Foi descrito como o seu "alto conselleiro" MacLean, 71.. Era consiliarius e marchio nomeado por Carlos o Gordo e o maior magnate da Lombardía oriental despois de Berenguer. Mesmo logrou suceder a Berenguer en Friúl, aínda que se descoñece en que circunstancias e as opinións dos expertos están divididas.
Tería sucedido a Berenguer por nomeamento do mesmo ao redor de 890, cando Berenguer é mencionado por última vez como duque de FriúlReuter, 134, 19, para a data en que aparece Berenguer por última vez en Friúl.. Os Anais Fuldenses do ano 896, explican que Walfredo morreu no cargo e que gobernara en Verona con "gran fidelidade ao emperador", que significa Arnulfo de Carintia, especificando que a súa morte foi o momento elixido por Berenguer para reafirmar a súa pretensión á realeza logo da súa disputa con Arnulfo a comezos deste ano. Suxeriuse que Walfredo foi colocado no cargo de duque no canto de Berenguer, por Arnulf en 896, despois de que Berenguer se pasase ao bando de Arnulf a comezos deste ano Reuter, 134, 19. Walfredo debería ter gobernado Friúl menos dun ano neste caso. Logo da súa morte en 896, o ducado foi dividido en catro condados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Reuter, Timothy (trad.), The Annals of Fulda . (Medieval Manchester Series, IX Century Histories, Volume II) Manchester: Manchester University Press, 1992 MacLean, Simon. Realeza e política no final do século IX: Carlos o Gordo e o Fin do Imperio Carolingio . Cambridge University Press: 2003.
Categoría:Ducado de Friúl Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 896