Actun Tunichil Muknal (ou a Cova do Sepulcro de Cristal) é unha cova de Belize, preto de San Ignacio, no distrito de Cayo , que é un salientable sitio arqueolóxico maia que inclúe de esqueletos, cerámicas e olaría. Hai varias áreas con restos esqueletos na cámara principal. O máis coñecido é "a dama de cristal", o esqueleto dunha adolescento (unha moza de 18 anos),"The Crystal Maiden of the Actun Tunichil Muknal Cave: Belize Cave Containing the Sparkling, Calcite Covered Skeletons of Mayan Children, Sacrificed to the Rain God." Atlas Obscura. URL: http://www.atlasobscura.com/places/the-crystal-maiden-of-the-actun-tunichil-muknal-cave. posibelmente vítima de sacrificio, cuxos ósos foron calcificados, cunha aparencia cristalizada.
As cerámicas do sitio son significativos en parte por ter "buratos de morte", o cal indica que foron empregados con propósitos cerimoniais. Moitos dos artefactos maias e outros restos están completamente calcificados no chan da cova. Un dos artefactos, coñecido como "ola do mono", é un dos catro obxectos dese tipo atopados en toda América Central. Os maias tamén modificaron as formacións da cova, nalgúns casos para crear altares para as ofrendas, noutros para crear siluetas de facianas e animais ou para proxectar unha imaxe de sombra na cova. A cova está decorada extensamente nos pasos superiores.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Marachov, Nick and Williams, Nick (ed) Below Belize ca. 1991. Miller, Tom Tunichil Muknal The Canadian Caver vol 21 no 2, 1989. Williams, Nick An Introduction to Cave Exploration in Belize. Journal of Cave and Karst Studies 58(2):69-75 Ligazóns externas Actun Tunichil Muknal en TravelBelize.org
Categoría:Xeografía de Belize Categoría:Civilización maia