Juuka (en sueco Juga) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Carelia do Norte. En 2018 a súa poboación era de 4 705 habitantes. A superficie do termo municipal é de 1 846,58 km2, dos cales 344,85 km2 son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 3,13  hab./km².

Limita cos concellos de Kontiolahti, Lieksa, Nurmes, Polvijärvi, Kuopio, Kaavi e Rautavaara, estes tres últimos pertencentes á rexión veciña de Savonia do Norte.

O concello é unilingüe en finés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Juuka

Categoría:Municipios de Carelia do Norte