El maleficio de la mariposa é a primeira obra teatral do escritor andaluz Federico García Lorca, membro da xeración do 27. Escrita en verso, foi estreada o 22 de marzo de 1920 no Teatro Eslava de Madrid, dentro da programación do Teatro de arte de Gregorio Martínez Sierra e a súa esposa, María de la O Lejárraga. Con só catro representacións, apupos incluídos, supuxo un total fracaso para o seu autor. O texto é unha parábola sobre a frustración, o amor e a morte; os dous últimos son temas recorrentes na obra de Lorca. Está protagonizada por uns insectos -cascudas ou "curianitas"- que dan á historia un ambiente inquietante, con aires de conto infantil, pero en cuxo seo se encerra un drama profundamente humano, tal e como se advirte no prólogo:

Foi estreada con figurines de Rafael Barradas e decorados de Mignoni tras ser rexeitados os decorados de Barradas por La Argentinita,Existe certa polémica sobre si foi La Argentinita ou o mesmo Lorca quen rexeitou os decorados, pero asemellan concluíntes as fontes achegadas por Piero Menarini: que facía os danzables da obra no papel principal de bolboreta. A obra contou tamén con música incidental de Edvard Grieg, instrumentada por José Luís Lloret.

Argumento A obra consta de varios personaxes como: Curianito, o Nene; Dona Curiana; Curianita Silvia; Alacranito, o cortamimbres; Mariposa; Curianas gardiás; Gusano número 1; Gusano número 2; Gusano número 3; entre outros.

Nunha comunidade de curianitas -ou cascudas- destaca Curianito entre os demais pola súa vocación poética, sendo desprezado polo resto de membros, entre eles a súa nai e a súa pretendente, a Curianita Silvia, á que el rexeita sistematicamente. A chegada dunha bolboreta coa á rota, moribunda, suporá un gran cambio para a visión que Curianito ten do mundo, que se namorará profundamente, e, no momento en que se declara, morre a bolboreta nunha danza (que na representación encarnou La Argentinita), provocando á súa vez a tráxica morte de Curianito.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha de El maleficio de la mariposa na páxina web da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Categoría:Federico García Lorca Categoría:1920 Categoría:Obras de teatro en castelán