Horses é o nome do primeiro álbum da música e poeta Patti Smith, un dos máis recoñecidos dentro da escena punk de Nova York, editado o 10 de novembro de 1975 polo selo discográfico Arista Records. A pesar de carecer dun sinxelo popular para promover o traballo e de non ser emitido polas radios, o álbum experimentou un modesto éxito comercial, chegando ao número 47 da lista estadounidense Billboard 200.

Dende o seu lanzamento o disco foi visto polos críticos como un dos máis importantes e influentes álbums xa non só da historia do punk rock, senón tamén da do rock and roll. Horses foi citado tamén como unha influencia clave por un bo número de artistas de post-punk e de rock alternativo, como Siouxsie and the Banshees, R.E.M., The Smiths, PJ Harvey e Hole.

En 2003 a revista estadounidense Rolling Stone colocouno no posto 44 da súa lista dos 500 mellores álbums de tódolos tempos, e no 2013 no décimo dos 100 mellores álbums debut.

Portada A fotografía da portada do álbum foi realizada por Robert Mapplethorpe, un bo amigo de Smith, usando luz natural. A imaxe foi tomada no ático de Greenwich Village do seu compañeiro Sam Wagstaff.Smith 2010b, pp. 249-253Thorgerson & Powell 1999, p. 74 O triángulo de luz na parede foi produto da luz ao solpor. A compañía discográfica quixo facer varios retoques, incluíndo quitar a pelusa do bigote de Smith, ao que ela mesma se negou.

Lista de cancións

Cara A

"Gloria: In Excelsis Deo / Gloria (version)" (Patti Smith, Van Morrison) – 5:57 "Redondo Beach" (Smith, Richard Sohl, Lenny Kaye) – 3:26 "Birdland" (Smith, Sohl, Kaye, Ivan Kral) – 9:15 "Free Money" (Smith, Kaye) – 3:52

Cara B

"Kimberly" (Smith, Allen Lanier, Kral) – 4:27 "Break It Up" (Smith, Tom Verlaine) – 4:04 "Land: Horses / Land of a Thousand Dances / La Mer (De)" (Smith, Chris Kenner) – 9:25 "Elegie" (Smith, Lanier) – 2:57

Pista adicional (só en CD e versión dixital)

"My Generation" (En directo) (Pete Townshend) – 3:16

Notas

Categoría:Álbums musicais de 1975 Categoría:Álbums producidos por John Cale