Myrna Mack Chang, nada o 24 de outubro de 1949 e finada o 11 de setembro de 1990, foi unha antropóloga guatemalteca.

Biografía Naceu no Barrio San Nicolás, departamento de Retalhuleu, nunha familia con ascendencia chinesa e maia. Estudou antropoloxía no Reino Unido na Universidade de Mánchester e na Universidade de Durham.

Ao seu regreso a Guatemala dedicouse a dirixir o traballo de campo en varias comunidades rurais desarraigadas pola guerra civil dese país centroamericano. En 1986 en conxunto con algúns compañeiros e colegas de Inforpress Centroamericana, funda a Asociación para el Avance de las Ciencias Sociales.

Morte miniatura|179x179px|Marco Vinicio Cerezo Arévalo, responsábel político da morte de Myrna Mack. Foi asasinada fronte á súa oficina na Cidade de Guatemala, acoitelada 27 veces, por un escuadrón da morte das Forzas Armadas de Guatemala (supostamente creado pola Escola das Américas) baixo o réxime do demócrata cristián Marco Vinicio Cerezo (presidente entre 1986 e 1991). En abril de 2004, despois dun xuízo dirixido pola Corte Interamericana de Dereitos Humanos e grazas á tenaz actividade da súa irmá Helen Mack, o goberno de Guatemala recoñeceu publicamente que os seus axentes cometeran o asasinato e implementaron medidas de reparación á súa familia.

Vida persoal O 16 de novembro de 1973 nace a súa filla Lucrecia Hernández Mack, que en 2016 converteuse na primeira muller á fronte do Ministerio de Saúde de Guatemala.

Fundación Myrna Mack En 1993, a súa irmá Helen Mack creou a Fundación Myrna Mack, na súa memoria. A institución foi financiada inicialmente cos fondos provenientes do Right Livelihood Award, coñecido como o premio Nobel Alternativo da Paz outorgado a Helen en decembro de 1992. A fundación traballou inicialmente para esclarecer o asasinato de Myrna Mack e o doutros desaparecidos por mor da guerra civil de Guatemala. Na actualidade ten como obxectivo contribuír á construción do Estado Democrático de Dereito neste país. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Antropólogos de Guatemala Categoría:Activistas polos dereitos humanos de Guatemala Categoría:Nados en Guatemala Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Guatemaltecos de ascendencia chinesa Categoría:Guatemaltecos de ascendencia maia