Beto Luaces, nado en Montevideo en 1969, é un escritor galego que en 2017 iniciou a serie de novela negra titulada VICVS cuxa trama discorre entre a cidade de Vigo e a serra do Suído. Traxectoria Fillo de galegos emigrados ao Uruguai, en 1978 regresou a Galicia e instalouse inicialmente nunha aldea da serra do Suído. Estudou Filoloxía Galega e Portuguesa, profesionalmente é funcionario xudicial. Na actualidade traballa e vive en Vigo.

Obra Vicvs. Un lugar do común (Bolanda, 2017) Vicvs. Un lugar aquelado (Bolanda, 2019) Vicvs. Un lugar afastado (Bolanda, 2020) Os tesouros do Parlamento (Parlamento de Galicia, 2020) Un camiño cara á Catedral de Santiago (Fundación da Catedral de Santiago, 2022) Vicvs. Un lugar elevado (Bolanda, 2024)

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Novelistas de Galicia