De'Aaron Fox, nado o 20 de decembro de 1997 en Nova Orleáns, Luisiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Fox foi seleccionado na 5ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Sacramento Kings.Kings Select De'Aaron Fox O 8 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Kings. Fixo o seu debut na NBA o 18 de outubro de 2017 contra os Houston Rockets, facendo 14 puntos, 4 rebotes e 5 asistencias na derrota dos Kings por 105-100.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2017–18 Sacramento 73 27.8 .412 .307 .723 2.8 4.4 1.0 0.3 11.6 Total 73 27.8 .412 .307 .723 2.8 4.4 1.0 0.3 11.6

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings