Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en ; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968. A novela está ambientada nun San Francisco postapocalíptico, onde a vida na Terra foi seriamente danada por unha guerra mundial nuclear. A maioría das especies animais están ameazadas ou extintas por mor da radiación, polo que posuír un animal é un sinal de status e empatía, unha actituda alentada cara ós animais. O libro serviu como base para o filme de 1982 Blade Runner, e moitos elementos e temas tamén foron usados para a secuela de 2017 Blade Runner 2049.
O argumento principal conta a historia de Rick Deckard, un cazarrecompensas que ten a misión de "retirar" (asasinar) seis androides modelo Nexus-6, ó tempo que unha trama secundaria segue a historia de Isidore, un home de categoría inferior que axuda os androides fuxitivos. Arredor da misión de Deckard, a novela explora os temas sobre o que quere dicir ser humano e se a empatía é unha habilidade exclusivamente humana.
Foi traducido ó galego por Fernando Moreiras e foi publicado pola Editorial Kalandraka no ano 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía First published in Philip K. Dick: Electric Shepherd, Norstrilla Press. Zelazny, Roger (1975). "Introduction" Scott, Ridley (1982). Blade Runner. Warner Brothers. The Electric Sheep screensaver software is an homage to Do Androids dream of electric sheep?. Do Androids Dream of Electric Sheep? at Worlds Without End Philip K. Dick, The Little Black Box, 1964 - a short story depicting Mercerisms origin, published 4 years prior to "Do Androids Dream of Electric Sheep?"
Categoría:Blade Runner Categoría:Obras literarias de 1968 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Novelas de Philip K. Dick Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego