miniatura|240px|Femia
Centrocercus minimus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Centrocercus,Centrocercus Swainson, 1832 no ITIS. endémica dos Estados Unidos de América, onde habita en zonas abertas con vexetación arbustiva nunhas poucas rexións do oeste do país.
Taxonomía A especie foi descrita no ano 2000 pola investigadora Jessica R. Young e os seus colaboradores,Centrocercus minimus J. R. Young, C. E. Braun, S. J. Oyler-McCance, J. R. Hupp & T. W. Quinn, 2000 no ITIS. na publicación:Young, J. R.; C. E. Braun; S. J. Oyler-McCance; J. W. Hupp & T. W. Quinn (2000): "A new species of sage-grouse (Phasianidae: Centrocercus) from southwestern Colorado". Wilson Bulletin 112 (4): 445–453
Características É moi similar na súa aparencia á súa estreitamente relacionada especie Centrocercus urophasianus, pero cun tamaño un terzo inferior ao dela, e adornada con moita plumas grosas ao redos da cabeza; tamén se direrencia polo seu menos elaborado cortexo nupcial.
Os machos miden de 44 a 51 cm de lonxitude, e as femiaa, entre os 32 e os 38 cm. É unha pita do monte pequena, de plumaxe agrisda e abigarrada. A cor da plumaxe do ventre é negra, e presenta largas e ríxidas plumas rematadas en punta. O macho ten a garganta e a parte superior do pescozo negra, separada do resto por unha liñaa branca en forma de V; presenta unha gran gorgueira branca no peito e algunhas bandas brancas na cola.
Bioloxía Hábitat e distribución Viven en zonas abertas con vexetación arbustiva en pequenos enclaves do oeste dos Estados Unidos, xa que a súa área de dispersión está restrinxida a unhas pequenas zonas do oeste de Colorado e do sueste de Utah, estando concentrada a maior parte da súa poboación na rexión do Gunnison Basin, en Colorado.Storch, I. (2000): Grouse: status survey and conservation action plan 2000-2004. Gland, Suíza and Cambridge, Reino Unido: IUCN and the World Pheasant Association. ISBN 2-8317-0519-3.
Historicamente, presumibelmente viviu tamén en Arizona, Oklahoma e Novo México,Bureau of Land Management (1999): "Gunnison Sage Grouse conservation plan". Bureau of Land Management, Colorado, Gunnison Field Office, Gunnison, Colorado. pero a área ocupada na actualidade é inferior aos 500 km2.
Reprodución Os machos reúnense nos "leks", pequenas zonas abertas onde fan as exhibicións do cortexo nupcial diante das femias, e se reproducen, desde finais de febreiro até abril, tan pronto como o "lek" estea relativamente libre de neve. Só uns poucos machos dominantes, xeralmente dous, se reproducen. Despois do apareamento, as galiñas deixan o "lek" para construíren os niños, que fan no solo. O tamaño da posta varía de seis a oito ovos; o período de incubación é de 25 a 27 días. A especie, aparentemente, ten altas taxas de deserción de niños e de depredación dos ovos.Johnsgard, Paul A. (1973): Grouse and quails of North America. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. ISBN 0-8032-0810-3.
Poboación A poboación reprodutora actual é inferior aos 3000 individuos.Rich, T. D., Beardmore, C. J., Berlanga, H., Blancher, P. J., Bradstreet, M. S. W., Butcher, G. S., Demarest, D. W., Dunn, E. H., Hunter, W. C., Inigo-Elias, E. E., Martell, A. M., Panjabi, A. O., Pashley, D. N., Rosenberg, K. V., Rustay, C. M., Wendt, J. S. and Will, T. C. (2004): "Partners in flight: North American landbird conservation plan". Ithaca, NY: Cornell Lab of Ornithology. Rexistráronse diminucións nos "leks", do número de machos nos "leks", e no de crías.
Predadores Os principais predadores desta especies son: a aguia real Aquila chrysaetos, o coiote (Canis latrans), os raposos (Vulpes sp.), o teixugo americano (Taxidea taxus), a pega do Hudson (Pica hudsonia), varios mustélidos (Mustela sp.), o corvo carnazal (Corvus corax) e os miñatos americanos Buteo jamaicensis e Buteo regalis.Centrocercus minimus na ADW.
Status A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o seu status como EN (en perigo de extrinción) porque a súa área de distribución é moi pequena e, ademais, está moi fragmentada, e a súa poboación está declinando. A fragmentación do seu hábitat é particularmente preocupante dado que a especie require dunha variedade de hábitats adxacentes.
Estratexias para a súa conservación Para paliar estes inconvenientes estanse a implantar estratexias de xestión que teñen como obxectivo reverter as diminucións da poboación actual nos próximos 15 anos.BirdLife International (2016): Centrocercus minimus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 10 de xaneiro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain and Cambridge, UK.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos Tetraoninos Centrocercus
Ligazóns externas Centrocercus minimus na ADW . Contén amplísima información e bibliografía. Centrocercus minimus Young, Braun, Oyler-McCance, Hupp & Quinn 2000 na EOL. Gunnison sage-grouse (Centrocercus minimus) en ARKive.
Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 2000