Hautacuperche foi un guerreiro aborixe gomero, protagonista da coñecida como «rebelión dos gomeros» de 1488, así como executor de Hernán Peraza o Mozo, señor territorial da illa.

Bautizado como Pedro Hautacuperche, o seu nome aborixe foi traducido por diversos autores como 'o que leva consigo a felicidade', 'nado con bo presaxio', 'o ditoso' ou 'o afortunado'.

Traxectoria Hautacuperche era parente próximo da aborixe Yballa, amante de Hernán Peraza. Así, en 1488 os gomeros deciden acabar co seu señor ó entender que este violara o pacto que fixera con eles mantendo relacións con Yballa. Chegados os rebeldes preto da cova onde se atopaba Peraza no termo de Guahedun acháronse a Hautacuperche coidando dos seus gandos, e este únese a eles axiña que coñece as súas intencións. Cando Peraza saíu da cova ó encontro dos gomeros, Hautacuperche atravesouno cunha lanza, matándoo. Os gomeros mataron así mesmo ao paxe que acompañaba a Peraza, e iniciaron a persecución do seu escudeiro até a torre de San Sebastián, que cercaron, dándose así inicio á rebelión dos gomeros.

Até tres veces asaltaron os rebeldes a torre dirixidos por Hautacuperche sen conseguir romper as súas defensas. Nas refregas o guerreiro gomero facía alarde da súa axilidade, pois collía ao voo as saetas e pedras que lle lanzaban dende a torre e devolvíaas. Apercibidos os casteláns, Antonio da Pena amagou un disparo contra Hautacuperche para distraelo mentres Alonso de Ocampo lle disparaba coa súa bésta dende a seteira da torre, acabando así co caudillo rebelde.

A morte de Hautacuperche debilitou o ánimo dos rebeldes, que deixaron o sitio e se alzaron nos cumes da illa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conquista das Illas Canarias Bibliografía Abreu y Galindo, J. de, Historia de la conquista de las siete islas de Canarias, en A. Cioranescu (ed) Goya ediciones, Tenerife, 1977 Bethencourt Alfonso, J: Historia del Pueblo Guanche II Lemus editor, La Laguna, 1997. Mora Morales, M.: Iballa Editorial Globo, Santa Cruz de Tenerife, 1986.

Categoría:Conquista das Illas Canarias Categoría:Finados en 1488 Categoría:Nados en La Gomera Categoría:La Gomera Categoría:Nados en ano descoñecido