Sebastiana de Sáa, nada en San Cristóbal de La Laguna en 1689 e finada en Montevideo o 25 de abril de 1775, foi unha das primeiras poboadoras de Montevideo. miniatura|Igrexa San Francisco, Montevideo

Traxectoria Oriúnda da illa de Tenerife, formou parte do segundo continxente da colonización canaria (1729) no Uruguai. O seu primeiro marido, Domingo de Chaves faleceu nas Canarias e ela viaxou a Montevideo cos seus 3 fillos menores: Vitcoria, Eugenio e Luis. O ano seguinte, 1730, casa por segunda vez en Montevideo con Juan de Morales, tamén poboador canario, con quen non tivo fillos. Ó chegar recibe como mercé un patrucial dun cuarto dun quinteiro na esquina das hoxe rúas Cerrito e Solís, onde actualmente se atopa a Igrexa de San Francisco.

Unha rúa en Montevideo leva o seu nome.

Notas

Categoría:Montevideo Categoría:Nados en 1689 Categoría:Finados en 1775