Centrocercus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.Centrocercus Swainson, 1832 no ITIS.

Comprede dúas especies que habitan zonas abertas de América do Norte.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1832 polo naturalista inglés William Swainson, en FaunaBor.-Am. 2: 358-496.Centrocercus Swainson 1832 en Zoonomen.net

Especies e subespecies Actualmente recoñécense no xénero dúas especies, coas subespecies que se indican: Xénero Centrocercus Swainson, 1832 Centrocercus minimus J. R. Young, C. E. Braun, S. J. Oyler-McCance, J. R. Hupp & T. W. Quinn, 2000 Centrocercus urophasianus (Bonaparte, 1827) Centrocercus urophasianus phaios Centrocercus urophasianus urophasianus

Nota taxonómica O xénero tipo é Centrocercus urophasianus, que foi descrito en 1827 por Bonaparte en Zool .J. 3: 213, baixo o nome de Tetrao urophasianus Bonaparte,Centrocercus urophasianus (Bonaparte) 1827 en Zoonomen.net sendo máis tarde reclasificado no xénero Centrocercus.

miniatura|180px|Dispersión de C. minimus.

Hábitat e distribución Viven en pradarías en zonas abertas de América do Norte. A especie Centrocercus urophasianus ocupa unha ampla área no norte, centro e oesta dos Estados Unidos, así como nas provincias canadenses de Alberta e Saskatchewan.Greater Sage-Grouse urophasianus subspecies en Species at Risk Public Registry. Gubernment of Canada/Gouvernement de Canada.

Pola contra, a área de dispersión de Centrocercus minimus está restrinxida a unhas pequenas zonas do oeste de Colorado e do sueste de Utah.Young, J. R.; C. E. Braun; S. J. Oyler-McCance; J. W. Hupp & T. W. Quinn (2000): "A new species of sage-grouse (Phasianidae: Centrocercus) from southwestern Colorado". Wilson Bulletin 112 (4): 445–453.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Galiformes Fasiánidos Tetraoninos

Ligazóns externas Centrocercus na ADW. Centrocercus Swainson 1832 na EOL. Sage Grouse Protection en Biodiversity Consevarion Alliance .

Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves dos Estados Unidos de América