O voo 629 de United Airlines foi un Douglas DC-6B, con rexistro N37559 e bautizado como Mainliner Denver, que foi voado cunha bomba de dinamita situada na equipaxe facturada o día 1 de novembro de 1955. O estoupido ocorreu sobre Longmont, Colorado ao redor das 7:03 p.m. hora local, mentres o aparello estaba en ruta dende Denver, Colorado, cara Portland, Oregón, e Seattle, Washington. Os 39 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo morreron no estoupido e accidente."Time Bomb". A Crime to Remember. Tempada 1. Episodio 4. Investigation Discovery
Os investigadores determinaron que Jack Gilbert Graham foi o responsable de poñer a bomba para matar a súa nai como vinganza pola súa infancia e para cobrar un suculento seguro de vida."Jack Gilbert Graham". Famous Cases & Criminals. Federal Bureau of Investigation Tras 15 meses, Graham, que xa tiña un amplo historial criminal, foi xulgado, condenado e executado polo crime.
Avión e tripulación O aparello implicado era un Douglas DC-6B con rexistro N37559. Tiña acumuladas un total de 11 949 horas de voo no momento do accidente e estaba equipado con catro motores Pratt & Whitney CB-16 R-2800.
A tripulación estaba formada polo capitán Lee H. Hall (de 41 anos), o primeiro oficial Donald A. White (26), o enxeñeiro de voo Samuel F. Arthur (38) e dúas asistentes de voo. O capitán Hall era un piloto moi experimentado, acumulando 10 086 horas de voo, das cales 703 eran no DC-6B. O primeiro oficial White tiña 3 578 horas de voo, 1 062 delas no DC-6B. O enxeñeiro de voo voara 1 995 horas, sendo 336 no DC-6B.
Notas
United AIrlines Categoría:Accidentes e incidentes de United Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de Douglas DC-6 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1955