Luis Blanco López, nado en Xixón en 1918 e finado en Pontevedra o 3 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Membro do grupo de Rogelio García Morales O Maletas na zona nororiental da provincia de Pontevedra. Participou en varios asaltos na comarca de Deza. O 14 de xuño de 1944 produciuse a morte do garda civil José Salgueiro Rey nun enfrontamento no lugar de Ponte Retorta (Manduas), paso obrigado entre A Bandeira e as Minas da Brea. Como consecuencia foi detido con Diego Valero González, Juan Rodríguez Alén e Manuel Rodríguez Díaz. Xulgados en Pontevedra en consello de guerra o 21 de maio de 1946,La Noche, 18-5-1946, p. 3. Luis e Diego foron condenados a morte e executados no cárcere da Parda o 3 de setembro de 1946.El Pueblo Gallego, 7-9-1946, p. 8.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1946