Diego Valero González, nado en Cambil (provincia de Xaén) en 1921 e finado en Pontevedra o 3 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
Membro do grupo de Rogelio García Morales O Maletas na zona nororiental da provincia de Pontevedra. Participou en varios asaltos na comarca de Deza. O 14 de xuño de 1944 produciuse a morte do garda civil José Salgueiro Rey nun enfrontamento no lugar de Ponte Retorta (Manduas), paso obrigado entre A Bandeira e as Minas da Brea. Como consecuencia foi detido con Luis Blanco López, Juan Rodríguez Alén e Manuel Rodríguez Díaz. Xulgados en Pontevedra en consello de guerra o 21 de maio de 1946,La Noche, 18-5-1946, p. 3. Luis e Diego foron condenados a morte e executados no cárcere da Parda o 3 de setembro de 1946.El Pueblo Gallego, 7-9-1946, p. 8.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas
Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1946