Armando Urbano Blanco Martínez, nado en Cacheiras (Teo) o 27 de abril de 1948 e finado no mesmo concello o 12 de setembro de 2015,La Voz de Galicia, 13-9-2015, p. 51. foi un hostaleiro e político galego.

Traxectoria Dono dun coñecido establecemento hostaleiro en Teo. Foi concelleiro en Teo dende 1987. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Teo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, se ben ao longo do mandato varios concelleiros do seu grupo deixárono en minoría. Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta, pero continuou como alcalde co apoio do concelleiro IN-TEO. Nas municipais de 2007 perdeu fronte ao candidato do BNG Martiño Noriega, quedando como portavoz na oposición e retirándose da política no 2011.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Teo

Ligazóns externas Relación Alcaldes Concello de Teo

Categoría:Alcaldes de Teo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Teo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes