Carlos Manuel de Céspedes y López del Castillo, nado en Bayamo o 18 de abril de 1819 e finado na Serra Maestra, o 27 de febreiro de 1874, foi un líder independentista cubano. Iniciou a Guerra dos Dez Anos ao levantarse en armas contra o goberno español o 10 de outubro de 1868, e dando a coñecer o seu plan de loita co Manifesto da Xunta Revolucionaria da Illa de Cuba, concedéndolles a liberdade aos seus escravos e convidándoos a unirse á loita anticolonialista. Foi maior xeral do Exército Libertador de Cuba e primeiro presidente da República de Cuba en Armas. Destituído como presidente en 1873 instalouse en San Lorenzo, a Serra Mestra onde, en 1874, caeu nun combate contra as tropas españolas.

Véxase tamén

Categoría:Finados en 1874 Categoría:Mortos en combate Categoría:Nados en 1819 Categoría:Políticos de Cuba Categoría:Presidentes de Cuba