Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen, nado en Krauchenwies o 22 de setembro de 1835 e finado en Berlín, 8 de xuño de 1905, foi un príncipe prusiano e xefe da rama Hohenzollern-Sigmaringen, da Casa de Hohenzollern, que xogou un papel importante na política do poder europeo.
Biografía Os seus pais eran Carlos Antonio e Xosefina Frederica de Baden. Leopoldo foi pai do rei Fernando I de Romanía e avó de Carlos I de Romanía.
Tras a Revolución de 1868 contra Isabel II de España, Leopoldo foi candidato a ocupar o trono de España, a proposta do xeneral Prim. Esta oferta foi apoiada polo Primeiro Ministro prusiano Otto von Bismarck, pero rexeitada polo Emperador Napoleón III de Francia.
En España, ao difundirse a noticia de que Leopoldo era candidato á coroa, empezóuselle a chamar Leopoldo Olé-Olé si me elixen por mor da difícil pronuncia do seu apelido para os españois.
Leopoldo foi forzado a rexeitar a oferta do trono español, e debido á demanda insistente do goberno francés e o chamamento da Telegrama de Ems o resultado foi a Guerra Franco-Prusiana en 1870, que supuxo a caída do emperador francés e a chegada da Terceira República Francesa.
Matrimonio e fillos En 1861 o príncipe Leopoldo casou coa Infanta Antonia de Portugal, filla de María II de Portugal e do seu consorte, Fernando II. Con ela tivo tres fillos:
Príncipe Guillerme (1864-1927), quen o sucedería como Príncipe de Hohenzollern. Príncipe Fernando (1865-1927), quen sería coroado Rei de Romanía. Príncipe Carlos Antonio (1868-1919). Pai de Carlos I de Romanía.
Devanceiros Devanceiros de Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Casa de Hohenzollern