Mehmet Sulaymān Fuzūlī, coñecido como Fuzûlî (en ; en ; en , nado en Karbala arredor de 1494 e finado na mesma cidade en 1556, foi un poeta, considerado como un dos máis grandes contribuidores á tradición do Dîvân na literatura turca."Fuzuli, Mehmed bin Süleyman" en Encyclopædia Britannica Fuzûlî escribía estes poemas en tres linguas diferentes: azerí, persa e árabe. Aínda que estas obras fosen escritas en azerí, tamén se incorporaron ás tradicións literarias chagatai e otomá.
Fuzûlî era xií e de educación refinada; iniciouse na poesía co matnawî Beng-ü-Bâde ("O haxix e o viño"), dedicado ao Shah Ismâ'îl cando ocupou Bagdad en 1508. Cando Solimán o Magnífico conquistou Iraq en 1534 compuxo poesías na súa honra, que lle valeron a protección do novo goberno otomán. Ademais da súa produción en turco, é autor dunha excelente colección de poemas en árabe (Matla 'al-i'tiqâd) e de numerosas obras en persa menos importantes.Gran Enciclopèdia Catalana: Mehmet Sulaymān Fuzūlī
Obra seleccionada Obras en azerí miniatura|Manuscrito de Hadiqat al-Su`ada ("Xardín dos benditos"), 1602-3 C.E. Museo de Brooklyn Dîvân ("Poemas compilados") Beng ü Bâde (بنگ و باده; "Haxix e viño") Hadîkat üs-Süedâ (حديقت السعداء; "Xardín de placeres") Dâstân-ı Leylî vü Mecnûn (داستان ليلى و مجنون; "A épica de Layla e Majnun") Risâle-i Muammeyât (رسال ﻤﻌﻤيات; "Tratado das adiviñas") Şikâyetnâme (شکايت نامه; "Queixa")
Obras en persa Dîvân ("Poemas compilados") Anîs ol-qalb (انیس القلب; "Amigo do corazón") Haft Jâm (هفت جام; "Sete cálices") Rend va Zâhed (رند و زاهد; "Hedonista e asceta") Resâle-e Muammeyât (رسال ﻤﻌﻤيات; "Tratado das adiviñas") Sehhat o Ma'ruz (صحت و معروض; "Saúde e enfermidade")
Obras en árabe Dīwān ("Poemas compilados") Maṭla‘ ul-I‘tiqādi (مطلع الاﻋﺘﻘﺎد; "O nacemento da fe")
Honras En 1959, unha localidade e o raion asociado en Azerbaidján foron renomeados co seu nome.
En 1996 o Banco Nacional de Azerbaidján emitiou moedas conmemorativas de 100 (ouro) e 50 (prata) manats dedicadas ao quinto centenario da vida e as actividades de Fuzûlî.Central Bank of Azerbaijan . Commemorative coins. Coins produced within 1992-2010 : Gold and silver coins dedicated to memory of Mahammad Fuzuli. – Consultado o 25 de febreiro de 2010.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Andrews, Walter G. "Fuzûlî" in Ottoman Lyric Poetry: An Anthology. pp. 235–237. . "Fozuli, Mohammad b. Solayman". Encyclopædia Iranica. Consultado o 25 de agosto de 2006. "Fuzuli, Mehmed bin Süleyman". Encyclopædia Britannica. 2006. Encyclopædia Britannica Premium Service. 23 de agosto de 2006. Kudret, Cevdet. Fuzuli. . Şentürk, Ahmet Atillâ. "Fuzûlî" in Osmanlı Şiiri Antolojisi. pp. 280–324. . Ligazóns externas Fuzûlî, en archive.org Muhammed Fuzuli Fuzuli Fuzûlî en History of the Ottoman Empire and Modern Turkey, de Stanford J. Shaw
Categoría:Nados en Iraq Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados en 1556 Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Escritores en lingua azerí Categoría:Escritores de Iraq