Baraka é un filme documental non narrativo de 1992 dirixido por Ron Fricke. O filme foi comparado con Koyaanisqatsi, o primeiro da triloxía "Qatsi" de Godfrey Reggio para os cales Fricke exerceu como director de fotografía. Foi o filme máis recente en ser fotografado en formato 70mm Todd-AO, e o primeiro filme da historia en ser restaurado e escaneado en resolución 8K.
Contido Baraka é un filme documental sen narrativa ou voz. Explora temas a través dun recompilatorio de espectáculos naturais, vida, actividade humana e fenómenos tecnolóxicos rodados en 24 países de tódolos continentes durante 14 meses.
O filme de Ron Fricke é unha continuación do filme de Godfrey Reggio, Koyaanisqatsi de estilo semellante e sen narrativa. Fricke foi fotógrafo e colaborador no filme de Reggio, e para Baraka obrigouse a si mesmo a puír e mellorar as técnicas forográficas empregadas en Koyaanisqatsi. Rodado en 70mm, inclúe unha mestura de estilos fotográficos incluíndo slow motion e time-lapse. Dous sistemas de cámaras foron usados para conseguilo. Un sistema Todd-AO para as tomas convencionais, mais para executar as tomas time-lapse Fricke tiña unha cámara especial construída para combinar a fotografía en time-lapse con movementos perfectamente controlados.
Entre as localizacións do filme encóntranse a Igrexa do Santo Sepulcro de Xerusalén, o templo Ryōan-ji de Kyoto, o lago Natron de Tanzania, os campos de petroleo en chamas de Kuwait, un volcán activo en Hawai, unha terminal de metro chea, as celebracións tribais dos masai en Kenya, e os monxes do mosteiro Dip Tse Chok Ling.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Fricke Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes rodados en Ecuador Categoría:Filmes rodados en Indonesia Categoría:Filmes rodados no Nepal Categoría:Filmes rodados en Tanzania Categoría:Filmes rodados en Delhi Categoría:Filmes rodados en Arabia Saudita Categoría:Filmes rodados en Irán