O Museo Nacional de Antropoloxía (MNA) é un dos recintos museográficos máis importantes de México e de América. Está concibido para albergar e exhibir o legado arqueolóxico dos pobos de Mesoamérica, así como para dar conta da diversidade étnica do país. O edificio actual do MNA foi construído entre 1963 e 1964 no Bosque de Chapultepec por instrución do presidente Adolfo López Mateos, quen o inaugurou o 17 de setembro de 1964. O edificio do MNA posúe 22 salas de exposición permanente, dúas salas de exposicións temporais e tres auditorios. Ademais alberga o acervo da Biblioteca Nacional de Antropoloxía e Historia.
A colección do Museo Nacional de Antropoloxía está conformada por numerosas pezas arqueolóxicas e etnográficas provenientes de todo México. Entre algunhas das pezas máis emblemáticas da colección cóntase a Pedra do Sol —que é o corazón mesmo do museo—, as monumentais esculturas teotihuacanas dedicadas ós deuses da auga, a tumba de K'inich Janaab' Pakal, así como un atlante tolteca traído desde Tollan-Xicocotitlan e o Monólito de Tláloc que custodia a entrada do museo.
O MNA constitúe un dos principais sitios de interese turístico de México. Atrae cada ano a máis de dous millóns de visitantes. O museo é un dos meirandes museos do continente.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Museos de México Categoría:Cidade de México