Dirty Rotten Imbeciles (abreviado como D.R.I.) é unha banda estadounidense de crossover thrash formada en Houston, Texas en 1982. No presente está composta por dous dos seus membros fundadores, o vocalista Kurt Brecht e o guitarrista Spike Cassidy, ademais do batería Rampy e o baixista Greg Orr.
D.R.I. nunca chegou ao gran público, pero a integración das súas raíces hardcore punk con influencias thrash metal foi un catalizador estilístico para os seus contemporáneos (destacando Suicidal Tendencies, Corrosion of Conformity, Stormtroopers of Death, Cro-Mags, Nuclear Assault e Cryptic Slaughter), xunto aos que é considerada como unha das principais pioneiras do que posteriormente se chamaría "crossover thrash".
Ata a data D.R.I. publicou sete álbums de estudio. A pesar de non editar ningún disco dende Full Speed Ahead en 1995, a banda continuou xirando case cada ano, estando en hiato de xeito intermitente, destacando o período entre 2004 e 2009, cando a Cassidy diagnosticáronlle un cancro de colon. Durante anos falouse dun oitavo álbum de D.R.I. sen que aínda se materializase. Porén, o grupo lanzou un EP con material novo, ''But Wait...There's More!, en xuño de 2016.
Discografía Álbum Ano Selo Dirty Rotten LP 1983 Dirty Rotten Records Dealing with It! 1985 Metal Blade Records Crossover 1987 Metal Blade Records 4 of a Kind 1988 Metal Blade Records Thrash Zone 1989 Metal Blade Records Definition 1992 Dirty Rotten Records Full Speed Ahead 1995 Dirty Rotten Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Texas Categoría:Grupos musicais de crossover thrash Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais formados en 1982