Louis Cachet, nado co nome de Kristian Vikernes en Bergen o 11 de febreiro de 1973, coñecido popularmente como Varg Vikernes, é un músico, escritor e blogueiro noruegués. No 1991 fundou o proxecto musical Burzum, considerado coma un dos máis coñecidos do black metal noruegués. Tres anos máis tarde foi encarcerado e cumpriu 14 anos de condena.

Traxectoria

Vikernes pasou parte da súa infancia en Iraq. Interesado na música dende unha idade temperá, comezou a tocar a guitarra aos 14 anos e formou a súa primeira banda, Kalashnikov, nos dous anos seguintes. No 1992, el e máis outros foron acusados de queimar varias igrexas cristiás en Noruega. Cara 1993, xa tiña publicados catro álbums con Burzum e con outra banda, Mayhem. En agosto de 1993, Vikernes foi arrestado e acusado do asasinato do guitarrista de dita banda, Euronymous. En maio de 1994, atopárono culpable do asasinato e da queima de igrexas, sendo sentenciado a 21 anos de cárcere. Vikernes declarou que matou a Aarseth en defensa propia e que é inocente da queima de igrexas, aínda que si o apoiou. Durante a súa estadía en prisión, Vikernes afiliouse ao Heathen Fronts, publicou escritos sobre paganismo e publicou dos álbums ambientais como Burzum.Goodrick-Clarke 2003: 204 Tras servir 14 anos da súa sentenza, Vikernes foi liberado no 2009. Dende entón, cambiou o seu nome legalmente a Louis Cachet para evitar dificultades aínda que segue a ser coñecido como Varg Vikernes na vida diaria.

Despois de saír do cárcere, Vikernes asentouse coa súa dona e máis os seus fillos en Francia, onde continúa a publicar música e libros. Gravou seis álbums antes de anunciar a súa retirada de Burzum no 2018. Comezou o seu blog e canal de YouTube, chamado Thulean Perspective, no 2013. Nel promove o "Odalismo" baseado no nacionalismo, racismo e nunha suposta readopción dos valores e as crenzas europeas, así coma elementos do paganismo. Tamén se declara ambientalista, a favor da permacultura e supervivencialista.https://www.youtube.com/watch?v=SOznP1RDGMo

Notas

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Bergen Categoría:Músicos de Noruega