O cerro de Monserrate é o máis coñecido dos cerros Orientais de Bogotá. Xunto a Guadalupe é un dos cerros tutelares da cidade. Monserrate ten unha altitude de 3152 m e atópase sobre a cordilleira oriental.Parques Humedales Consultado el 22 de diciembre de 2009 Os cerros de Bogotá, de orixe sedimentario, teñen polo menos 16 millóns de anos de antigüidade, con rochas de idade cretácea pertencentes ó Grupo guadalupe, no que se refire ó aspecto xeolóxico. Até mediados do século XVII foi coñecido como cerro das Neves. A basílica do Señor de Monserrate foi lugar de peregrinación relixiosa dende a época colonial e constitúe un atractivo natural, relixioso e gastronómico da cidade. Pódese ascender ó cerro polo carreiro peonil, por teleférico ou por funicular.
Historia O cerro de Monserrate é unha das formacións máis recoñecibles da sabana de Bogotá, así como un dos símbolos da cidade. Pertencente aos cerros Orientais. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada fundou o primeiro asentamento español na rexión de Bacatá, na actual carreira Segunda con rúa Trece, non lonxe do Chorro de Quevedo, que posteriormente se chamou Pueblo Viejo, entón coñecido como Teusaquillo .Las Nieves la ciudad al otro lado, "Los orígenes del barrio: el lugar de la misa de la Conquista" págs. 13 y 14.
En 1620, a familia Fernández de Valenzuela iniciou a construción das ermidas do cerro, o cal sería coñecido como das Neves até mediados do século XVIII. De feito, Pedro Fernández de Valenzuela coa autorización de Juan de Borja y Armendia, Presidente do Novo Reino de Granada, erixiu unha capela dedicada á Santa Cruz de Monserrate.Las Nieves la ciudad al otro lado, "Consolidación de la parroquia" págs. 23-27. Anos despois, Pedro Solís de Valenzuela fundou un mosteiro dedicado a Santa María da Cruz de Monserrate, evocando o da cartuxa de Santa María do Paular de Segovia, onde tiña un irmán monxe, realizándose os traballos de ampliación da capela e a casa anexa na segunda metade dos anos 1650. No mesmo período adecuouse un camiño que dende a igrexa das Neves levaba até o cumio do cerro, contando no seu percorrido con pequenas capelas para os peregrinos, que lembraban as dos cerros de Belén e de Montserrat, respectivamente en Andalucía e Cataluña. No cumio deste cerro atópase o santuario do Señor Caído de Monserrate, cuxa actual construción de estilo neocolonial foi rematada en 1925 e exhibe a talla do Señor Caído de Monserrate, elaborada por Pedro de Lugo y Albarracín no século XVI. O servizo de funicular para ascender o cerro foi inaugurado o 18 de agosto de 1929.
Notas
Categoría:Montañas de Bogotá