miniatura|300px|O Castelo de Santa Cruz, onde está localizado o CEIDA. O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) é un centro universitario, creado por un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros, para promover, coordinar e dinamizar a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. Está situado no castelo de Santa Cruz, na illa do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz (Oleiros). O seu director é o biólogo Carlos Vales Vázquez.

Obxectivos Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demais equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, etc.). Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental. Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara a un uso sustentábel. Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e a Educación Ambiental. Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.

Áreas de traballo O CEIDA conta con catro áreas principais de traballo: Educación e divulgación Formación e capacitación Cooperación Centro de documentación ambiental "Domingo Quiroga"

Véxase tamén Outros artigos Carlos Vales Vázquez Universidade da Coruña

Ligazóns externas Páxina web do CEIDA , .

Categoría:Ecoloxía Categoría:Oleiros Categoría:Universidade da Coruña