Fernando Fernández de Córdoba, nado en Madrid o 28 de novembro de 1897 e finado no mesmo lugar o 28 de febreiro de 1982, foi un actor español.
Traxectoria Comezou na carreira militar pero deixouna para dedicarse ao teatro. Debutou en 1919 na compañía de Manuel González e Carmen Muñoz e durante anos representou diversas obras até dar o paso ao cine. O primeiro filme no que participou foi Las de Méndez, un filme mudo de Fernando Delgado realizado en 1927. Deuse a coñecer durante a Segunda República con filmes como Odio, Vidas rotas ou El genio alegre, cuxa rodaxe tivo que ser interrompida debido ao inicio da guerra civil española. E foi precisamente durante a contenda onde Fernández de Córdoba coñeceu a fama, pois era el o encargado de ler os partes de guerra que o bando nacional emitía por RNE, incluído o famoso último parte de guerra, emitido o 1 de abril de 1939 ás 22:30, que daba por rematada a guerra civil.
Despois da guerra continuou co cine, converténdose nun dos actores secundarios máis habituais do cine de posguerra, aínda que tamén foi o protagonista dalgunhas producións como El famoso Carballeira, Sangre en la nieve ou El frente de los suspiros. A finais da década de 1950 deixa definitivamente a actuación para dedicarse á ensinanza e formación interpretativa. Dirixiu a Real Escuela Superior de Arte Dramático e logo viviu os seus últimos anos apartado de toda actividade profesional até a súa morte en 1982.
Filmografía +AnoTítuloPapelNotas1927Las de Méndez1929Agustina de Aragón1935Vidas rotasJuan Gras1939El genio alegreJulio1940El famoso Carballeira1942Unos pasos de mujer1942Sangre en la nieveDon Guillermo1942El frente de los suspirosServando Ortigueira1943Misterio en la marismaCarlos Almenares1943Con los ojos del almaRomán1944Altar mayorDon Elías1945Ángela es asíGonzalo Rivera1945BambúDon Arturo, o indiano traidor1946Mar abiertoJuan Reboredo1946Cuando llegue la nocheDaniel1946Templos románicosVozCurtametraxe1946La imperial TarragonaVozCurtametraxe1946El emigradoDon Ignacio Ibarrola1947Reina santaPedro III de Aragón1947La nao CapitanaFray José1947La feSr. Osuna1947La dama del armiñoFray Hortensio Paraviccino1948Botón de áncoraDirector da Escola Naval de Marín1948Las aguas bajan negrasDon César1948La calle sin sol1948Hoy no pasamos lista1949Sabela de CambadosJuan de Mourente1949Una mujer cualquieraDoutor1949El santuario no se rindeDon Pedro1949Aventuras de Juan Lucas1950La esfinge maragata1950RumboGabriel Hurtado Mendoza1950Pequeñeces...1950De mujer a mujerDoctor Hernández1950El pasado amenaza1950Agustina de AragónGobernador1950Don JuanDon Félix Calderón1951La trinca del aireUceda1951El gran Galeoto1952Lola, la piconeraXeneral Alburquerque1952La estrella de Sierra MorenaCorrixidor1953¡Che, qué loco!Rosendo1953El seductor de GranadaRamón Altamira1953La alegre caravana1953Nadie lo sabráSubdirector1957Las últimas banderas1957Las aeroguapas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de Fernando Fernández de Córdoba en IMDb (en inglés).
Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1982