A perosamina (ou GDP-perosamina) é un 4-aminodesoxiazucre derivado da manosa producido por algunhas bacterias.
Función biolóxica A N-acetil-perosamina encóntrase no antíxeno O de bacterias gramnegativas como Vibrio cholerae O1, E. coli O157:H7 e Caulobacter crescentus CB15. O azucre tamén se encontra na perimicina, un antibiótico producido polo organismo grampositivo Streptomyces coelicolor var. aminophilus.
Biosíntese A súa biosíntese desde a manosa-1-fosfato segue unha vía similar á da colitosa, pero é diferente en que está aminada e non sofre unha desoxixenación 3-OH ou epimerización C-5.
GDP-4-keto-6-desoximanosa-4-aminotransferase (GDP-perosamina sintase) A GDP-perosamina sintase é un encima dependente de PLP que transfire un nitróxeno desde o glutamato á posición 4-ceto da GDP-4-ceto-6-desoximanosa durante a biosíntese de GDP-perosamina.
Notas
Categoría:Aminoazucres