Eugene, tamén coñecida como Eugene City,Geographic Name Information System. Eugene . é a segunda cidade máis grande do estado de Oregón, e é a capital do condado de Lane.
No centro da cidade encóntrase a Universidade de Oregón.
Xeografía miniatura|300px|En rosa, situación do condado de Lane en Oregón. Arriba, destacado en vermello, o concello de Eugene dentro do condado de Lane.
A cidade está situada ao sur do val Willamette, e a 86 km ao leste da costa de Oregón.
Poboación En 2010 Eugene tiña unha poboación de 156 185 habitantes.
O concello ocupa unha superficie de 113,29 km², dos que 113,23 corresponden a terra firme e 0,5 ás augas.
A poboación ditribúese nos seguintes grupos étnicos: 2010 Census Profiles Oregon Cities Alphabetically D‐G . Universidade de Portalnd. Brancos, 86,0 % Hispanos, 5,0 % Aisáticos, 3,5 % Negros, 1,2 % Indíxenas, 0,8 % Outros, 3,1 %
Historia
O nome da cidade vén do seu fundador, Eugene Franklin Skinner, que construíu a primeira cabana na zona. O edificio era utilizado como un mercado fronteirizo e unha oficina de correos, despois de que Skinner obtivera a autorización o 8 de xaneiro de 1850. Durante eses anos o asentamento chamámabase Skinner's Mudhole (O Foxo de Lama de Skinner).
Doce anos despois, en 1862, Skinner estableceu a vila de Eugene e dirixía un transbordador no río Willamette, onde hoxe se encontra a ponte da rúa Ferry.
En Eugene vaise celebrar o décimo oitavo Campionato Mundial de Atletismo en 2021, cuxas competicións terán lugar no estadio Hayward Field.
Cidades irmandadas
As cidades irmandadas con Eugene son:Portal da administración municipal . Katmandú, . Irkutsk, . Kakegawa, . Jinju, .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Geographic Name Information System. Eugene . City Managers Office .
Categoría:Cidades de Oregón