Miguel de los Santos Salvado Rotea, nado en Tui o 5 de xullo de 1811 e finado na Guarda o 17 de abril de 1894, foi un fotógrafo, frade e misioneiro bieito galego. Traxectoria Fillo de Pedro Salvado e Francisca Rotea, e irmán Rosendo Salvado. Ingresou no mosteiro bieito de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela e ordenouse sacerdote en 1835 e nese ano volveu a Tui debido á Real Orde de Exclaustración Eclesiástica de Mendizábal, regresando á súa cidade natal de Tui. Instalouse despois en Madrid e foi capelán da raíña Isabel II. En 1869Salvado, Santos (1811-1894) National Library of Australia decidiu marchar a New Norcia, Australia Occidental, onde seu irmán levaba o labor misioneiro. En 1870"New Norcia' s Rebirth: Salvado's Correspondence - Years 1868-1872" converteuse no prior da misión. En 1879 enfermo da vista regresou ao seu antigo posto de capelán real na corte realExposición Frei Rosendo Salvado. O bispo dos sen alma Consello da Cultura Galega. e logo volveu a Galicia. Durante a súa estadía en New Norcia realizou numerosas fotografías que constitúen un arquivo da vida na misión e á súa volta tamén continuou a tirar fotografías na súa localidade natal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rosendo Salvado Rotea (irmán)

Categoría:Nados en 1811 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Nados en Tui Categoría:Beneditinos de España Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Misioneiros