Os Premios Rebulir da Cultura Galega, están organizados pola Asociación Cultural Rebulir de Ramirás (Ourense), recoñecen persoas e colectivos que difunden e poñen en valor a cultura autóctona. Naceron no ano 2012.
Actualmente contan con tres categorías: música galega, artes escénicas e premio homenaxe. Estes galardóns entréganse no marco do Festival Internacional Rebulir que se desenvolve no mes de decembro en diferentes localizacións da provincia de Ourense, con epicentro en Ramirás.
No marco destes premios tamén se recolle unha mención de honra a defensa da identidade galega no exterior. Esta mención ten recaído nos galegos de Venezuela, dos Estados Unidos de América, de Suíza..., e no 2024 nos galegos de Cataluña.
Premiadas/os 2012 - Laura González (Maret) 2013 - Rubén Riós 2014 - Xosé M. Piñeiro | Xosé Diz 2015 - Kepa Junkera | María do Ceo | Susana Durán 2016 - Leilía | Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán | Banda de Música de Ramirás 2017 - Uxía | Xosé Ramón Gayoso | Lois Antón Pérez 2018 - Guadi Galego | Carlos Blanco | Romaría Raigame 2019 - Rosa Cedrón | Antonio Durán “Morris” | Coral de Ruada 2020 - Mercedes Peón | Fina Calleja | Banda de Música de Vilanova dos Infantes 2021 - Anxo Angueira | Xabier Díaz | Xabarín Club 2022 - Xosé Luís Méndez Ferrín, Celso Fernández Sanmartín, Fuxan os Ventos. 2023 - Xurxo Fernandes, Luis Zahera e o Programa Lume na Palleira (Radio Galega) 2024 - Treixadura, Isabel Risco e AGG-Asociación de Gaiteiras/os Galegas/os 2025 - Malvela, Cristina Castaño, Luar. A emigración galega en Euskadi obtivo o Premio Rogelio García Yáñez.
Notas
Rebulir Categoría:Ramirás