Kinga Haudek (n. Oroszlány, Hungría; 27 de xaneiro de 1986) é unha deseñadora de xoias e ourive húngara, cuxa compañía leva o súa mesmo nome.

Biografía Trala súa graduación universitaria en Socioloxía en Budapest deixa Hungría, trasládase definitivamente a Santiago de Compostela para estudar Xoiaría Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASD). En Santiago participa en diferentes proxectos artísticos, creando finalmente a compañía que leva o seu nome.

Os deseños de Kinga Haudek foron premiados co terceiro premio do Concurso de Deseño de Xoias San Eloi do ano 2014. Expuxo a súa obra en diversas salas de Santiago de Compostela.

Xoias O catálogo de xoias da compañía Kinga Haudek é accesible online desde 2015, con máis de 10 coleccións permanentes. Actualmente ten aberto un taller de deseño en Santiago de Compostela. Está inscrita no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e conta co uso de marca Artesanía de Galicia.

Referencias

Ligazóns externas

Sitio web da compañía Kinga Haudek Sitio web de Kinga Haudek en Artesanía de Galicia

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1986