O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia.
Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo.
Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.
Características Pertence á "Rexión cenozoica volcánica da Europa Central". A derradeira erupción volcánica producida na zona ocorreu contra 8 300 a.C. ± 300 anos. Divídese en tres zonas: Westeifel, Hocheifel e Osteifel. En moitos dos seus lugares pódense encontrar restos fósiles tanto de especies mariñas como de plantas.
Xeoloxía A pesar da interesante xeoloxía da rexión de Eifel, só se realizaron tres informes xeolóxicos completos:Stephan Marks, Schriftenschau, "Geologie der Eifel", en Mitteilungen des Verbandes der deutschen Höhlen- und Karstforscher e. V. 2015/01 ; páx. 24. En 1822, Johann Steiniger publicou o primeiro mapa xeolóxico da zona e, en 1853, a Geognostische Beschreibung der Eifel.Johann Steiniger (1853): Geognostische Beschreibung der Eifel. Verlag: Lintz, Trier. (Resume en alemán). En 1915 Otto Follmann deu a luz un traballo que se sumou á comprensión científica nese momento, o Abriss der Geologie der Eifel ("Resume de xeoloxía do Eifel").Otto Follmann (1915): Abriss der Geologie der Eifel. Berlin: Westermann. En 1986, Wilhelm Meyer, finalmente, publicou o volume Geologie der Eifel, cuxa cuarta edición, revisada, considérase hoxe o traballo estándar sobre a xeoloxía do Eifel.Wilhelm Meyer (2013): Geologie der Eifel, 4ª edición totalmente revisada. Stuttgart: Schweizerbart. ISBN 978-3-5106-5279-2.
Westeifel miniatura|220px|O Hohe Acht. miniatura|220px|Lago Laach. É a zona relativamente máis nova da rexión e posúe moitos conos volcánicos, maaresUn maar é un cráter volcánico largo e baixo, producido por unha erupción freático-magmática, é dicir, unha explosión causada por auga subterránea que entra en contacto con lava quente ou magma. e estratovolcáns pequenos. Ocupa unha superficie de 600 km2, situándose a uns 50 km da cidade de Ormont. Hai moitos fluxos de lava orixinados a partir de conos volcánicos e tamén se poden encontrar aneis de rocha calcaria volcánica. Nesta zona houbo moitas erupcións volcánicas durante o final do plistoceno, tendo a súa última erupción no agora maar Pulvermaar. É posíbel que no futuro poidan volver a activarse os volcáns da zona.Clifford Embleton & Christine Embleton-Hamann (1997): Geomorphological hazards of Europe. Elsevier. ISBN 0-4448-8824-1. (Ler en liña).
Hocheifel
Data do terciario, cando ocorreron as primeiras erupcións volcánicas. Está constituído por sete estratovolcáns, entre eles o Hohe Acht duns 747 m de altura. Pódense encontrar varias capas de cinzas e fluxos de lava, sendo o basalto a rocha dominante. Houbo máis de 300 erupcións volcánicas, o que fai pensar que debaixo da zona hai, ou houbo, unha inmensa cámara magmática que abastecía a moitos volcáns.
Osteifel
É a zona onde houbo máis actividade. Alí encóntrase o lago Laach, un lago volcánico rodeado de conos e estratovolcáns menores. Determinouse que existiron tres fases de erupcións na zona, e ao parecer, empezaron a nacer volcáns en forma caótica. Isto ocorreu durante a última glaciación, cando os humanos aínda non chegaran a esta zona. Porén, é posíbel que igualmente puideran sentir os seus efectos, xa que sen dúbida os volcáns puideron estender as súas cinzas por toda Europa.
Patrimonio miniatura|220px|A Fraubillenkreuz
A Fraubillenkreuz é un menhir de 5000 anos de antigüidade que foi tallado en forma de cruz a principios da Idade Media. Na rexión está o acueduto de Eifel, un dos máis longos acuedutos do imperio Romano, que subministraba auga á cidade de Colonia.
Turisno De fácil acceso, case toda a rexión pode percorrerse en bicicleta. Con apoio da Unión Europea, antigas vías de ferrocarril transformáronse en ciclovías.
Protección ambiental Desde 2004, 110 km2 da parte norte da rexión do Eifel están protexidas e incluídas no Parque Nacional Eifel.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia do distrito de Eifel . Explicación de Westeifel .
Categoría:Cordilleiras de Alemaña Categoría:Cordilleiras de Bélxica Categoría:Cordilleiras de Luxemburgo