Elisa Vázquez de Gey, nada en Lugo en 1955, é unha filóloga e escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria Estudou Filoloxía francesa na Universidade de Santiago de Compostela.

É coñecida polas súas obras sobre Anita Delgado, princesa de Kapurthala. Publicou cinco entregas ao redor da vida desta muller: As biografías Anita Delgado. Maharaní de Kapurthala e La Princesa de Kapurthala, a novela histórica, El sueño de la Maharaní, a tradución ó castelán do libro de viaxes escrito por Anita Delgado en francés: Impresiones de mis viajes por las Indias e, en colaboración con Francisco M. Zambrana, Recordando a una Princesa, un álbum de fotografías e recortes de prensa sobre Anita Delgado.

Publicou tamén a novela histórica Una casa en Amargura que aborda o panorama da escravitude feminina na Cuba colonial española xunto coa historia das oito expedicións de colonos galegos que foron escravizados na Habana polo empresario ourensán e deputado a cortes Urbano Feijóo Sotomayor.

É autora, por encargo do Consello da Cultura Galega, da biografía de Urbano Feijóo Sotomayor para o Álbum de Galicia.

En novembro de 2025 publicou El Alma del tango. Ada Falcón, la diva. Obra de non ficción narrativa ambientada nos anos 30 do século XX en Bos Aires: tango, radio e a historia da famosa cancionista arxentina retirada no cume da fama e atopada 50 anos despois.

Obras

La Princesa de Kapurthala (en castelán). Barcelona: Planeta. 2008. ISBN 978-84-08-08262-0.

Impresiones de mis viajes por las Indias (en castelán). A Coruña: Ediciones del Viento, Col. Viento Simún nº 87, 2017. ISBN 978-84-15374-98-5 Recordando a una Princesa. Álbum de fotografías y recortes de Anita Delgado (en castelán). Málaga: Ediciones del Genal. 2023. ISBN 978-84-19442-60-4 El Alma del tango. Ada Falcón, la Diva. Córdoba. Editorial Almuzara. 2025. ISBN 9791370200626. Con Eduardo Alberto Zavala.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Gallegos por esclavos, documental sobre a escravitude galega en Cuba, coa participación de Elisa Vázquez (RTVE, en castelán)

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela