Donnchadh MacGillÌosa (en inglés, e oficialmente: Duncan Gillies), nado en Nis en 1941, é un escritor escocés en gaélico escocés.

Traxectoria Estudou na Universidade de Aberdeen e reside e traballa en Londres como mestre e xardineiro. Tradutor de Shakespeare publicou en 1988 un libro con traducións do dramaturgo co título de Seachd Luinneagan le Shakespeare, e en colaboración con outro escocés veciño de Londres, Calum Graham, deu ao prelo en 1991 unha selección de relatos de moi diversos autores, Thall's A-Bhos. Autor tamén dunha novela infantil Disathairn que apareceu en 1992. Publicou en 2004 o seu primeiro libro de relatos, dentro da serie Ùr-Sgeul, Tocasaid Ain Tuirc.

A súa segunda colección de relatos Màiri Dhall agus Sgeulachdan Eile foi finalista en 2013 ao premio ao mellor libro escocés da Sociedade Literaria Saltire.En 2018 publicou unha nova escolla de relatos, An Còta Dathach agus Deich Sgeulachdan Eile.

Notas

Categoría:Escritores en lingua escocesa Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Tradutores do inglés