Charlotte Sally Potter, nada en Londres o 19 de setembro de 1949, é unha directora de cine, guionista e actriz británica.
Traxectoria Potter empezou a realizar filmes á idade de 14 anos, cando un dos seus tíos lle regalou unha videocámara. Abandonou os seus estudos para dedicarse á dirección. En 1970 uniuse á organización London Filme-Makers' Co-op onde empezou a realizar filmes experimentais. En 1979 dirixiu unha curtametraxe chamada Thriller, que se converteu nun éxito no seu país. En 1983 dirixiu a súa primeira longametraxe, The Gold Diggers (1983), protagonizada por Julie Christie.
Como directora da internacionalmente distribuída Orlando (1992), Potter obtivo grande apreciación da crítica pola súa dirección e o seu guión. Protagonizada por Tilda Swinton, o filme baseouse na novela do mesmo nome de Virginia Woolf e foi adaptada á pantalla grande pola mesma Potter. Tras a súa exitosa dirección en Orlando, Potter dirixiu os filmes The Tango Lesson (1997), The Man Who Cried (2000), Yes (2004), Rage (2009), Ginger & Rosa (2012) e The Party (2017). Foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico en 2012.
Filmografía Longametraxes The Gold Diggers (1983) Orlando (1992) The Tango Lesson (1997) The Man Who Cried (2000) Yes (2004) Rage (2009) Ginger & Rosa (2012) The Party (2017)
Curtas e experimentais Jerk (1969) Hors d'oeuvres (1970) Black & White (1970) Play (1970) Thriller at Women Make Movies (1979) London Story at Women Make Movies (1980)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Londres Categoría:Directores de cinema do Reino Unido