Pinto & Chinto é un dúo de humoristas gráficos galego, formado polo debuxante David Pintor e o guionista Carlos López.

Traxectoria David Pintor (nado na Coruña en 1975) e Carlos López (nado en Boimorto en 1967) comezaron a traballar xuntos en 1993 e dende entón traballaron en varios xornais, salientando La Voz de Galicia. En 2001, comezaron a creación de obras para literatura infantil. Teñen publicados máis de 20 libros e recibiron varios premios da crítica, como o Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, selección na Feira Internacional de Boloña en 2007, 2010, 2011 e 2013, na Bienal Internacional de Bratislava, e premio especial do xurado no Festival do Libro Infantil de Corea, Nami Island.

Premios Curuxa do Humor (Museo do Humor de Fene) Haxtur (Salón Internacional do Cómic de Oviedo) Hermés (Concello de Barakaldo). Mingote (Diario ABC). Seleccionados na lista White Ravens no 2011, por Contos para nenos que dormen de seguida. Premio literario Frei Martín Sarmiento no 2007, por O pequeno da familia fantasma.

Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia