Emmeline Pethick-Lawrence, tamén coñecida como Lady Pethick-Lawrence, nada o 21 de outubro de 1867 en Bristol e finada o 11 de marzo de 1954, foi unha activista británica polos dereitos das mulleres.
Traxectoria O seu pai foi un empresario. Foi a segunda de 13 fillos, asistiu a un internado aos 8 anos. De 1891 a 1895 traballou como "irmá do pobo" para a Misión Metodista de Londres occidental en Cleveland Hall, cerca de Fitzroy Square.
Axudou a Mary Neal a xestionar o club de nenas na misión. No outono de 1895 deixou a misión xunto a Mary Neal para fundar o Espérance Club, un club de nenas que non estaba suxeito ás limitacións da misión e podían experimentar coa danza e o teatro. Pethick tamén fundou Maison Espérance, unha cooperativa téxtil cun salario mínimo, unha xornada de oito horas e unha axenda de vacacións.
Casou con Frederick Lawrence en 1901, e a parella adoptou o apelido conxunto Pethick-Lawrence. Foi membro da Suffrage Society e alí coñeceu a Emmeline Pankhurst, en 1906. Exerceu o cargo de tesoureira da Unión Social e Política das Mulleres "(Women's Social and Political Union - WSPU)" e recadou £134,000 ao longo de seis anos.miniatura|Texto manuscrito de Emmeline Pethick-Lawrence no caderno de prisioneiros da WSPU de Mabel Cappers, decembro de 1910|left|320x320px
Pethick-Lawrence editou a publicación Votes for Women co seu esposo en 1907. A parella foi arrestada e enviada a prisión en 1912 baixo o cargo de conspiración logo de mobilizacións nas que se romperon xanelas, aínda que se manifestaran en contra desas accións. Logo da súa liberación, foron expulsados da WSPU por Emmeline Pankhurst e a súa filla, Christabel debido aos crecentes desacordos acerca da utilización de tácticas máis radicais ás que os Pethick-Lawrences se opuñan. Uníronse entón ao United Suffragists. Emmeline asistiu ao Congreso Internacional de Mulleres na Haia, en 1915. Foi candidata polo Partido Laborista en 1918.
En 1938 Pethick-Lawrence publicou as súas memorias, facendo particular énfase na súa visión acerca da radicalización do movemento sufraxista na véspera da primeira guerra mundial.Emmeline Pethick-Lawrence (1938): My Part in a Changing World. London 1938.
En 1945 converteuse en Lady Pethick-Lawrence cando o seu marido accedeu ao título de barón.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Kibbo Kift historia oficial referencias de Spartacus Metodistas de Weslyan West London Mission
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Nados en Bristol