Contessina Bardi, nada en Florencia c. 1390 e finada ibídem en outubro de 1473, foi filla de Alexandre de Bardi, pertencente á prestixiosa familia Bardi. É coñecida principalmente por ser a esposa de Cosme de Medici O Vello, e matriarca da Dinastía Medici.

Traxectoria Foi chamada Contessina na honra da Condesa Matilde de Canossa. A súa familia foi moi rica durante un tempo, pero coa quebra do banco ó redor do século XIII diminuíran moito a súa influencia.

A pesar disto foron quen de manter unha boa posición investindo principalmente nos seus bens raíces: castelos, fortes e terras, das que eran señores en puntos estratéxicos dos límites setentrionais de Florencia. Por isto sempre gozaron de certa importancia como señores feudais e cabaleiros, o que seguramente pareceu moi interesante ós Medici. De feito, á primeira oportunidade dispuxeron deste brazo armado para axudarse na estratexia de mantemento (ás veces forzado) do consenso do apoio popular, o que lles deu hexemonía política na zona.

Familia Contessina casou con Cosme o Vello en 1416 e tiveron dous fillos:

Pedro de Cosme de Medici, 1416 - 1469; Xoán de Cosme de Medici, 1421 - 1463;

Ademais ocupouse do fillo ilexítimo do seu esposo, Carlos de Cosme de Medici, quen foi levado ó palacio familiar e criado como un máis dos seus fillos.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Florencia Categoría:Casa de Medici Categoría:Nados en 1390 Categoría:Finados en 1473