Anna Nzinga, nada c. 1583 e finada o 17 de decembro de 1663, tamén coñecida como Njinga Mbande ou Ana de Sousa Nzinga Mbande, foi unha raíña africana do século XVII (muchino a muhatu) que reinou nos reinos de Ndongo e Matamba do mbundu da actual Angola. Ascendeu ó poder como unha embaixadora e conseguiu o control da fortaleza portuguesa de Ambaca. Asumiu o poder de Ndongo despois de que o seu irmán se suicidase, polo que se converteu en rexente do seu fillo, Kaza. Nzinga loitou durante catro décadas (1620-1660) pola liberdade dos seus reinos contra o dominio portugués, que estaban a colonizar a área naquela época. Hoxe, é lembrada en Angola pola súa perspicacia política e diplomática, así como unha brillante táctica militar. Unha rúa principal de Luanda leva o seu nome, e colocouse unha estatua en Kinaxixi en 2002, dedicada polo presidente Santos para celebrar o 27 aniversario da independencia.
Notas
Categoría:Finados en 1663 Categoría:Historia de Angola