Os tutsis son un grupo étnico da rexión dos Grandes Lagos Africanos. En Ruanda e Burundi, representan arredor do 15 ou 20% da poboación total destes dous estados. A súa economía tradicional está baseada na gandaría de bovinos, actividade que inflúe na súa estrutura política.
Os colonizadores europeos e sobre todo os misioneiros católicos desenvolveron a tese de que os tutsis tiñan unha orixe nilótica (unha raza superior segundo os colonizadores) mentres os hutus serían un pobo bantú. Semella que a interiorización destas ideas tiveron unha influencia nos conflitos entre as dúas etnias, unido á política colonial de favorecemento da etnia tutsi ou hutu, segundo conviña ós colonizadores alemáns e belgas. Coa independencia continuaron os favoritismos tribais gobernamentais. Isto supuxo o xenocidio dos tutsis en 1994.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Tutsi" en everyculture.com
Categoría:Grupos étnicos de Burundi Categoría:Grupos étnicos da República Democrática do Congo Categoría:Grupos étnicos de Ruanda Categoría:Grupos étnicos de Uganda