Gerardo Álvarez Courel, nado en Bembibre (provincia de León) o 1 de maio de 1966, é un enxeñeiro técnico e político berciano. Foi presidente do Consello Comarcal do Bierzo dende 2015 "El socialista Gerardo Álvarez Courel, nuevo presidente del Consejo Comarcal del Bierzo" , Diario de León, 13 de xullo de 2015 ata 2023. Dende o 23 de agosto de 2023 é presidente da Deputación Provincial de León.Courel toma posesión en León como presidente de la última Diputación de España en formarse y promete "continuidad". Europa Press, 23 de Agosto de 2023.
Traxectoria Estudou enxeñería técnica industrial na Universidade de León, rematando a carreira en 1994 e traballou en diversas empresas privadas. Militante do PSOE e secretario comarcal do Bierzo desa formación"Gerardo Álvarez Courel, nuevo secretario comarcal del PSOE Bierzo" , ileon.com, 10 de marzo de 2013 e concelleiro en Bembibre.
Como presidente do Consello Comarcal amosouse partidario da implantación e a continuidade da lingua galega na comarca"Unhas xornadas no Bierzo recordarán o legado de Fernández Morales no seu bicentenario", Real Academia Galega, 11 de setembro de 2017, o seu fomento nas escolas"Los alumnos de gallego de Primaria en El Bierzo aumentan un 15% este curso hasta los 900" Infobierzo, 9 de marzo de 2018 e o seu uso administrativo no seo do Consello"Courel apoya el uso administrativo del gallego en el Consejo" , Diario de León, 10 de marzo de 2016.
Notas
Categoría:Nados en Bembibre Categoría:Nados en 1966 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Castela e León Categoría:Alumnos da Universidade de León Categoría:Personalidades sen imaxes