O polígono industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965. A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.
As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.
Fitos históricos miniatura|alt=medio circo de puntos boca abaixo sobre medio circo continuo boca arriba de cor vermella|Logo da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao Os principais fitos da historia do Polígono de San Cibrao son: 1965: Nacemento do Polígono de San Cibrao 1966: Primeira fase 1971: Primeira empresa en instalarse Anos 70: Acádanse as 72 empresas instaladas 1979: Creación da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao Anos 80: Segunda ampliación de terreos 1992: Parque Tecnolóxico de Galiza 1997: Remodelación de infraestruturas 2004: Terceira fase de ampliación de terreos 2005: Cidade do Transporte 2006: Novos servizos (bombeiros e vixilancia) 2008: Ampliación do Parque Tecnolóxico de Galiza 2012: Segunda ampliación dos terreos do Parque Tecnolóxico 2015: 50º aniversario Polígono San Cibrao 2016: Feira “O polígono nunca visto” en Expourense 2018: Inicio das obras do enlace coa Autovía A-52 2019: 40º aniversario da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao 2020: Inauguración do enlace coa autovía A-52 Servizos ofrecidos As empresas e o seu persoal dispoñen dos seguintes servizos: Centro médico Cidade do transporte Correos Escola Infantil Os Pequerrechos Estación de mercadorías ferroviarias Estacións de servizo Farmacia Fibra óptica Hoteis Infraestruturas Instalacións deportivas Oferta inmobiliaria Punto Limpo Recollida de refugallos Servizos bancarios Servizos de restauración Subestación eléctrica Transporte interurbano Empresas do polígono As empresas instaladas no polígono constitúen a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao que conta con 229 entidades: