Tornike Shengelia, nado en Tbilisi o 5 de outubro de 1991, é un xogador profesional de baloncesto xeorxiano que xoga no Virtus Bologna da Lega Basket Serie A. Con 2,06 metros de altura, pode xogar nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria Shengelia foi elixido na 54ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Philadelphia 76ers, e na mesma noite do Draft foi traspasado ós Brooklyn Nets. O 24 de xullo de 2012, Shengelia asinou cos Nets. Durante as súas tempadas coma rookie e sophomore, foi asignado en varias ocasións ós Springfield Armor da NBA D-League.
O 21 de xaneiro de 2014, Shengelia foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Marquis Teague. O 14 de abril de 2014, foi cortado polos Bulls.
O 21 de xuño de 2014, Shengelia asinou un contrato de tres anos co Baskonia da Liga ACB. O 7 de xuño de 2017, asinou unha extensión de contrato por outros tres anos co Baskonia.
O 9 de xullo de 2020, fíxose oficial a súa fichaxe polo PBC CSKA Moscova da VTB United League por tres anos.CSKA officially signs Tornike Shengelia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Spirou Charleroi Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do Virtus Bologna